martes, 17 de noviembre de 2015

Xa temos aula de convivencia, puxémola en marcha hai dúas semanas ,esperamos non tela que utilizar moito,pero os que teñan que facelo que saiban que é para reflexionar sobre o que é mellor para todos/as,para mellorar e subsanar erros que todos/as podemos cometer e conseguir unha boa convivencia no colexio, polo ben de todos/as!!!

lunes, 9 de noviembre de 2015

carteis no cole en dúas linguas

Este ano temos uns bonitos carteis no cole, en galego e inglés,nos corredores e no patio invitándonos a respetar e levarnos ben, en definitiva a convivir. Esperamos que vos gusten.

lunes, 9 de febrero de 2015

Este ano, o noso mago chirleta fixo una pócima para chamar a PAZ ,e utilizou os seguintes ingredientes:
Axuda, agradecemento,apertas,amizade,respecto,solidaridade,tolerancia,diálogo e bicos.
Bicos: para dicir quérote nun idioma que todos entenden.
Apertas:para olvidar xuntos vellos problemas que un día nos enfrentaron.
Amizade:palabra universal que significa querer a un amigo como se quere a un irmán.
Respecto:aos profesores que nos axudan a ser boas persoas.
Agradecemento:aos nosos país e avós polo esforzó diario que fan para que poidamos ter una vida feliz.
Diálogo:para resolver as nosas diferencias sen berros,nin enfados,nin pelexas.
Tolerancia:cos defectos dos demáis,nós tampouco somos perfectos.
Solidaridade:con todoas as persoas que sufren a fame ,guerras,marxinación social,racismo.violencia de xénero.
Nas nosas mans está acabar coas inxustizas deste mundo.En nome da PAZ estarei vixiando o colexio desde o ceo para ver se os meus desexos se cumplen, e se un neno non os cumple, baixarei coma un lóstrego para botarlle una cagalleta na testa que lle recordé que hai que vivir en PAZ os 365 días do ano Repetide comigo: SHALOM SALAM